Benvida ao TerMap
Portal de Terminoloxía e Terminografía
de BIFEGA

Saber máis

Este portal TerMap_Terminoloxía e Terminografía é un repositorio web de apoio á docencia nos niveis de grao, máster e doutoramento de Tradución e Interpretación, así como á práctica profesional da tradución e a interpretación. Pretende amosar unha visión holística do panorama terminolóxico no plano académico e profesional.

Concíbese como unha biblioteca sobre Terminoloxía e Terminografía de partida para que cadaquén constrúa a súa unha selección segundo precise. Preséntanse en conxunto, pero clasificados, materiais da Terminoloxía teórica (disciplina) e de Terminografía (aplicacións), incluídos os principais repertorios (dicionarios) nas linguas de traballo do Título de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo (galego, español, inglés, francés, alemán e portugués).

Disponibilízase esta información para acceso, consulta e descarga pública para os efectos de investigación, docencia ou información xeral.

Categorías destacadas

Terminografía

Banco terminolóxico

Terminografía

Compilación de dicionarios

Terminografía

Dicionario terminolóxico

Terminoloxía

Artigos e capítulos

Terminoloxía

Monografías

Terminoloxía

Norma técnica

Outros materiais

Corpus

Outros materiais

Gramática

Outros materiais

Tradución

É un proxecto da liña Terminoloxía e Terminografía
do grupo BiFeGa

Iolanda Galanes Santos
Áurea Fernández Rodríguez
Colaboran
Adriana Correa Villamarín
Mónica Filgueiras Prieto
Alejandra Freire Amorín
Carlos Sarmiento Gómez
Asesoran externamente
Valentina Marta Rodríguez
Jesús Meiriño Gómez
Tamara Varela Vila

Na revisión dos datos participou o alumnado de Ferramentas para a Tradución e a Interpretación III: Terminoloxía (curso 2025-2026).

Como citar

Galanes-Santos, Iolanda (coord.) (2026): Base TerMap: Terminoloxía e Terminografía (Vigo: BiFeGa- Universidade de Vigo). https://termap.net/bd/ [consulta DATA].